Netflix trunfa nos Oscars
luns, 13 de marzo do 2023
A
pasada noite celebrouse a gala dos Oscars, cun éxito sen precedentes por
parte de Todo a la vez en todas partes (cos premios a mellor dirección,
mellor filme e a 3 dos 4 premios de interpretación) quedando basicamente sen o
premio ao mellor protagonista masculino (que foi parar a mans de Brendan Fraser
polo seu papel en La Ballena) ao que non optaba, polo que poderiamos
asegurar que houbo un claro vencedor desta edición.
Pero o resto de categorÃas conseguiron tamén deixar pegada, especialmente entre
as plataformas de streaming, que levan tempo apostando por este tipo de
galardóns para lexitimar a súa posición no mercado, e desta volta é Netflix
quen poden saÃr coa cabeza ben alta, xa que o filme alemán Sin novedad en el frente
conseguiu facerse cos premios a mellor pelÃcula de fala non inglesa, mellor
fotografÃa, mellor deseño de produción e mellor banda sonora, de xeito que a
segunda pelÃcula máis premiada desta edición corresponde a unha plataforma en
liña, de xeito que o peso de Netflix na gala xa non queda nunha anécdota.
Cómpre salientar que o feito de que Pinocho de Guillermo del Toro
se fixese co premio á mellor pelÃcula de animación, superando a grandes estudios
como DreamWorks, Sony e Pixar, está a considerarse como o grande éxito de
Netflix da noite, por dominar unha categorÃa tan competida. O éxito do filme tamén casa moi ben coa campaña iniciada por Netflix para reivindicar que o cine de animación non é exclusivo do público infantil.
Nuestro bebé elefante
tamén levou o premio á mellor curta documental, completando unha noite de
premios que axudan a mellorar a imaxe de Netflix nun momento tan complicado
como o actual, no que está a vivir unha crise de reputación agravada pola
consolidación doutras plataformas, que fan que os espectadores cada vez dubiden
máis sen manter a súa subscrición, polo que toda achega que contribúa a
mellorar a percepción da marca de seguro que resulta benvida.
