Nintendo Selects incorporará 4 novos xogos a finais de setembro
mércores, 17 de agosto do 2016
Ante a falta de grandes novos tÃtulos para Wii U, facerse con algúns dos seus clásicos parece unha boa opción, especialmente agora que Nintendo confirma que o 30 de setembro incorporará 4 novos xogos á súa serie Nintendo Selects, de xeito que poderemos facernos con Captain Toad: Treasure Tracker, Pikmin 3, Super Mario 3D World e Mario Party 10, á venda actualmente por prezos de entre 39,99 e 59,99 euros, e que pasarán a custar oficialmente 19,99 euros, polo que será unha magnÃfica oportunidade para quen os deixase pasar no seu dÃa.
Novidades para as consolas portátiles
Outra interesante novidade de
Nintendo é que a partires do 7 de outubro porá á venda dos novos lotes da
consola portátil Nintendo 2DS con xogos preinstalados. Concretamente falamos
dunha 2DS de cor azul con éxito dos últimos meses, Yo-kai Watch (do que tamén haberá unha edición limitada a partires
do 16 de setembro cunha medalla Yo-kai) e unha 2DS rosa con Nintendo presenta: New Style Boutique 2 -
¡Marca Tendencias!. Dá a impresión de que con estes lanzamentos a compañÃa
xaponesa procura posicionarse de cara á campaña de Nadal, sabendo que ambos
xogos teñen unha elevada demanda, e preparando un xeito económico de adquirilos
para usuarios que aÃnda non teñan unha consola portátil de Nintendo.
Nos últimos meses está a trunfar Yo-kai
Watch, franquÃa de animación xaponesa que disparou as vendas de xogos en
España tras a estrea da súa serie de televisión, e que curiosamente non van
esperar para continuar a explotar comercialmente dende Nintendo, de xeito que
en primavera xa se confirmou que en Europa teremos os xogos para Nintendo 3DS Yo-kai Watch 2: Bony Spirits e Yo-kai Watch 2: Fleshy Souls (dando a
impresión de que quere imitar a fórmula de comercialización dos xogos de
Pokémon).