No xogo de combate aéreo multixogador para iOS
luns, 23 de maio do 2011
Nos últimos dÃas
chegou á App Store un interesante xogo de balde para iPhone, iPod Touch e iPad
que permite gozar dunha experiencia de combate aéreo multi-xogador, MetalStorm:
Online, que funciona tanto a través de 3G como por Wi-Fi, e fai uso da
tecnoloxÃa de Game Center para conectar os usuarios para competir en liña (e
mesmo para conversar a viva voz con eles). Tamén conta cun Modo Superviviencia
no que destruÃr vagas de inimigos en solitario ou cooperando cun amigo.
Este tÃtulo, que pode lembrar a moitos ao clásico After Burner, presenta uns gráficos 3D que no caso do iPhone 4 é
compatible coa súa Pantalla Retina, e permite elixir entre numerosos avións
(personalizables con mÃsiles e ametralladoras). O control aproveita o
acelerómetro dos dispositivos de Apple, pero gañará precisión no caso de contar
con xiroscopio (concretamente o iPhone 4 e o iPod Touch de cuarta xeración).
Este xogo é de balde grazas a que conta cun modelo de negocio freemium, ou sexa, que é posible
adquirir moedas virtuais no xogo (en vez de ter que avanzar no xogo para
gañalas) a prezos que van dende os 0,79 aos 39,99 euros.
- O xogo lembra tanto en estética como en mecánica ao clásico After Burner</Em>