Nova convocatoria de axudas para os clústeres innovadores
martes, 19 de agosto do 2025
A ConsellerÃa de EconomÃa e Industria, a través do Igape, publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da convocatoria das axudas destinadas ás agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras. Trátase dun apoio de case 2 millóns de euros que permitirá financiar un total de 19 proxectos en ámbitos clave da economÃa galega.
O programa busca impulsar a competitividade, a innovación e a cooperación empresarial, apoiando clústeres que integran empresas e centros tecnolóxicos, de investigación ou formación. Preténdese asà poñer en valor o seu papel como motores da modernización do tecido produtivo e como canles para a transferencia de coñecemento e tecnoloxÃa.
As axudas, concedidas en concorrencia competitiva, poden cubrir ata o 70 % do custo subvencionable, cun máximo de 400.000 euros por proxecto. Ademais, establécese a posibilidade de realizar pagamentos a conta de ata o 80 % da subvención, sen necesidade de garantÃas.
A convocatoria inclúe actuacións como estudos e diagnósticos sobre cadeas de valor, plataformas de vixilancia tecnolóxica, prospección de mercados, elaboración de mapas sectoriais ou accións de sensibilización arredor da dixitalización, a sustentabilidade ou a internacionalización. Tamén contempla iniciativas para fomentar a colaboración interempresarial e multisectorial, favorecendo a hibridación de coñecementos e capacidades.
Na resolución resultaron beneficiarias entidades representativas de sectores estratéxicos e emerxentes como a automoción (CEAGA), a acuicultura, a madeira, a biotecnoloxÃa (Bioga), o audiovisual, a economÃa circular (Viratec), o deporte, a comunicación ou o TIC. Xunto a elas tamén figuran clústeres industriais como o naval (Aclunaga), o metal (ASIME), o téxtil ou o da biomasa.
Con esta última convocatoria, a Xunta acumula xa o apoio a preto de 70 proxectos de clústeres desde a posta en marcha desta liña, cunha achega pública superior aos 12 millóns de euros e un investimento mobilizado de máis de 20 millóns.
Deste xeito, o Executivo autonómico reafirma o seu compromiso cunha polÃtica industrial avanzada, que sitúa os clústeres como axentes tractores do cambio e aliados estratéxicos na modernización do tecido empresarial galego.
