Novo número da nosa edición impresa

mércores, 19 de febreiro do 2025 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á posta en marcha do Coruña Estudio Inmersivo na Cidade das TIC e ao inicio da celebración das Letras Galegas no ámbito dixital por parte da RAG. Tamén abordamos os seguintes temas:
– A Real Academia Galega publica a Guía de apelidos galegos
– CITIC: inspirando a futuras científicas
– Entregados os galardóns da oitava edición dos Premios Youtubeiras+
– A décima edición das Xornadas de Automatización Industrial volveu facer historia
– O CPEIG dá a coñecer os nomes dos gañadores da Olimpíada Informática Galega
– Fernando Suárez (CPEIG) reivindica as nenas nas tecnoloxías
– Beditas estreouse en FITUR con solucións 360º para dixitalizar hoteis e aloxamentos
– Galicia Encantada celebra os seus 20 anos de historia
– AMTEGA actualiza a folla de ruta autonómica en materia TIC cunha vintena de medidas
– Galicia comparte recursos en capacitación TIC con outras 6 comunidades
– A Deputación de Ourense lanza nova web
– Arrinca a nova edición de 21 días co galego e+
– Entrevistamos a VirtuaNEStor
– Víctor Salgado: “As redes sociais deben comprometerse a protexer os dereitos das persoas”
– Balidea presenta con éxito o seu proxecto GiDi en Dinamarca
– Novas axudas autonómicas para impulsar audiovisuais e videoxogos
– Scientific Videogames e Salitre Joyas gañan os XIX Premios AJE Vigo