Novo número da revista O Barbanza

xoves, 28 de maio do 2020 Redacción

Tras case que tres meses de paralización por mor da situación sanitaria, a edición en papel de O Barbanza, publicación do Grupo Código Cero Comunicación, regresa á rúa cunha tiraxe de 7.000 exemplares distribuídos nos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, Dodro, O Son e Noia.
O número 10 de O Barbanza pode conseguirse en moitos puntos abertos actualmente ao público, estando tamén dispoñible para a súa consulta en liña.
Neste número pasamos revista a actividade que desenvolveron os nosos municipios contra a COVID-19 , repasamos a situación dos sectores produtivos da comarca e como se presenta o futuro, e mantemos unha charla co presidente da mancomunidade Arousa-Norte, que por rotación nesta ocasión correspóndelle o alcalde de Ribeira. As letras galegas e un breve repaso a sitios da comarca que nos esperan coa volta á normalidade, completan este número.

PUBLICIDADE