Novos móbiles con Android 4.0 da familia Xperia
mércores, 13 de xuño do 2012- O Xperia miro conta cunha boa integración con redes sociais
Sony Mobile Communications vén de presentar
en Londres 2 novos smpartphones da
familia Xperia que funcionarán con Android 4.0 e chegarán ao mercado no
terceiro trimestre do ano. O Xperia miro será un móbil que estará dispoñible en
distintas cores, integrarase profundamente con Facebook e contará coa
tecnoloxÃa xLOUD de Sony para obter un son alto e claro; mentres que o Xperia tipo
destaca porque tamén vai estar dispoñible nunha versión con dobre SIM, pensando
en quen quere combinar distintas tarifas de telefonÃa ou para quen ten unha
liña telefónica persoal e outra profesional.
- Sony inclúe a tecnoloxÃa xLOUD no Xperia miro, o que permite unha reprodución musical alta e clara dende o novo móbil
O Xperia
miro será un terminal con pantalla de 3,5 polgadas cunha resolución de 320
x 480 pÃxeles e un recubrimento anti-reflexos , procesador a 800 MHz, cámara de
5 MpÃxeles con flash LED, radio FM, unhas medidas de 123 x 59,4 x 9,9
milÃmetros e un peso de 110 gramos que pretende satisfacer as necesidades tanto
de usuarios profesionais como de amantes das redes sociais e da reprodución
multimedia.
Pola súa banda, o Xperia
tipo mantense nunha liña aÃnda máis discreta, apostando pola simplicidade.
Terá unha pantalla de 3,2 polgadas resistente ás rabuñaduras cunha resolución
de 320 x 480 pÃxeles, procesador a 800 MHz, cámara de 3,2 MpÃxeles, radio FM, unhas
medidas de 103 x 57 x 13 milÃmetros e un peso de 99,4 gramos que destaca por
contar cunha versión
dual SIM que mantén incluso as mesmas dimensións e peso.
Achegamento en vÃdeo ao Xperia tipo con dobre SIM
- O Xperia tipo terá un modelo con dobre SIM
- O Xperia miro conta cunha cámara de 5 MpÃxeles