O 82% dos fogares galegos teñen contratado acceso á Rede segundo o INE
mércores, 7 de novembro do 2018
- Evolución da proporción de vivendas con acceso á Rede segundo o INE
O 82,6% dos fogares galegos teñen
contratado Internet, cun incremento do 4,8% con respecto ao ano anterior,
superior ao crecemento do conxunto do Estado (3,6%), sendo nos concellos de
10.000 a 20.000 habitantes onde se rexistra o crecemento máis significativo
(10,3% de aumento no último ano). Este aumento na contratación de Internet nos
fogares galegos permitiu ascender 4 postos na comparativa autonómico en tan só
un ano.
Son parte dos datos publicados hoxe polo INE sobre o
equipamento e uso das TIC nos fogares en 2018, que recolle tamén que o 95,3%
dos nenos/as galegos de 10 a 15 anos empregan Internet, superando a media
estatal (92,8%) e ocupando a cuarta posición no ranking por Comunidades
Autónomas.
Segundo a análise realizada polo
Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA),
dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), as
cifras confirman que os galegos/as de 16 a 34 anos superan a media estatal no
uso habitual de Internet e as compras en
liña pero, ao mesmo tempo, tamén se están a producir incrementos
significativos do uso das TIC entre os maiores galegos de 65 anos.
Uso das TIC
Outro dos
indicadores que experimenta un dos incrementos máis relevantes son as compras a
través da Rede. Un 40,4% da poboación galega adquiriu algún produto ou servizo
a través de Internet nos últimos tres meses, experimentando un crecemento do 25,9%
respecto ao ano anterior fronte ao crecemento do 8,8% que experimenta a media
estatal, Cabe salientar que un 62,7% dos mozos galegos de 16 a 24 anos compran
a través de Internet, superando en 8 puntos a media estatal (54,7%)
O 80,4% dos galegos e galegas de
16 a 74 anos utilizaron Internet nos tres últimos meses, cun incremento do 1,3%,
con respecto ao ano anterior. Se ben, o uso de Internet é practicamente universal
entre os menores de 34 anos, destaca o crecemento no tramo de idade dos 65 aos
74 anos, onde o uso da Rede sube un 8,6% respecto ao ano anterior.
Unha das conclusións
positivas desta última enquisa do INE é a posición destacada da administración electrónica
na Comunidade galega. Un 68,2% dos internautas galegos comunicáronse coas Administracións
a través de Internet, experimentando un crecemento do 16,6% no último ano e
superando a media estatal en 2,8 puntos. Isto sitúa a Galicia na terceira
posición no ranking por Comunidades Autónomas.
Tipo de conexión e hábitat
Segundo os datos que
ofrece o INE, o 82,6% dos fogares galegos ten contratado Internet. Respecto ao tipo de conexión, cabe salientar que entre as
vivendas que dispoñen de acceso a Internet en Galicia, un 84,8% emprega unha
conexión móbil de banda larga través dun dispositivo de man, superando a media
estatal (83,6%).
Respecto aos datos relativos ao
tamaño do hábitat, é salientable que nos concellos con poboación de entre 20.000
e 100.000 habitantes, a media galega iguala ou supera á estatal na contratación
a Internet e a banda larga.
Por outra banda, nos concellos
galegos de 10.000 a 20.000 habitantes, rexÃstrase un forte ritmo de crecemento
dos indicadores relacionados coa contratación de Internet e de banda larga.
AsÃ, por exemplo, neste tipo de concellos a conexión de banda larga contratada
en Galicia medrou un 10,3% e sitúase no 79,5%, acurtando a distancia coa media
estatal en 4,6 puntos porcentuais.
Uso de TIC no traballo
Nesta edición, a enquisa do INE
incorpora un módulo especÃfico sobre o uso das TIC no traballo. Do total de
internautas galegos que declararon traballar a semana pasada, o 65,6% utilizou ordenadores
ou dispositivos móbiles, superando lixeiramente a media estatal (64,4%)
As actividades máis realizadas
polo menos unha vez á semana foron o intercambio de correos electrónicos ou
introdución de datos en bases de datos (o 80,1%), a creación ou edición de
documentos electrónicos (o 62,1%).
Pola súa banda, o 15,8% dos traballadores
utilizaron outros equipos ou maquinarias automatizados como os utilizados en
liñas de produción, de montaxe, distribución ou outros servizos (incluÃdos os
dispositivos portátiles para o control de stock).