O Bazar de Xbox LIVE adáptase para a descarga de xogos completos de Xbox 360

xoves, 18 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Esta semana Xbox LIVE tivo una parada técnica para incorporar novas prestacións e labores de mantemento, e coma consecuencia a sección de Originales Xbox deixa de desaparecer como tal, para pasar a integrarse á nova sección de Juegos bajo demanda, cambio de nomenclatura que aínda non está presenta dende a interface de usuario española (aínda que si na súa web) pero en realidade non é moi importante, sendo máis relevante o cambio de política que supón, xa que a partir de agora Microsoft xa non venderá xogos da Xbox orixinal coma descarga para a Xbox 360, senón que algúns títulos para Xbox 360 tamén poderán mercarse coma descarga, agardándose que nas vindeiras semanas cheguen ao Bazar de Xbox LIVE grandes títulos coma BioShock, Assassin’s Creed ou Crackdown.
Este cambio pode ter unha dobre lectura: por unha banda é un xeito de permitir o acceso a títulos difíciles de mercar nas tendas (por ser algo vellos) e, por outra, semellan unha aproximación ao modelo de negocio no que os xogos deixen de depender da distribución tradicional para optar polas descargas dixitais.

PUBLICIDADE