O CEO de Mediterráneo falará en Santiago de novos contidos dixitais
luns, 4 de novembro do 2019
A
Fundación Araguaney, con sede en Santiago e na súa vontade de abrir
novos e innovadores vieiros de coñecemento, segue
adiante este outono cos seus Foros Revbela, o programa de
conferencias, debates e mesas redondas sobre as máis candentes
cuestións de actualidade e co obxectivo de promover a participación
social e o diálogo. Os foros chegan este mes de novembro á súa
onceava edición co desenvolvemento de A Curva Dixital, un
encontro con Ghislain Barrois, director executivo (CEO) de Telecinco
Cinema e director, tamén, da sociedade Mediterráneo e de Mediaset
(director produción allea). A cita será o 14 de novembro ás 20.30
horas, no Hotel Eurostars Araguaney de Santiago.
Barrois,
como lembraremos, está á fronte de Mediterráneo, un proxecto que
agrupa as produtoras de Mediaset para potenciar a produción, a
distribución e a venda internacional de formatos de entretemento,
cinema, ficción, deportes e contidos dixitais. Mediterráneo agrupa
todo o catálogo das súas produtoras participadas e faino baixo unha
marca única e coa vontade de ampliar e optimizar a oferta de
desenvolvementos de televisión na contorna dixital, unha liña de
traballo que ten alcanzado grandes cotas de internacionalización,
tal e como se desprende da distribución de pelÃculas e series dende
Mediaset a algunhas das plataformas máis destacadas do panorama
internacional: Netflix, Amazon ou HBO.
