O CITIC presenta os seus resultados anuais
venres, 21 de decembro do 2018
O Centro de Investigación TIC (CITIC) da
Universidade da Coruña expuxo esta mañá os resultados da actividade
investigadora do centro durante o ano 2018 tras o que presentaron catro dos
seus proxectos colaborativos. O director do CITIC, Manuel F. González Penedo,
foi o encargado de amosar os principais indicadores de resultados do centro,
destacando a xestión dun total de 4,36 millóns de euros en recursos.
O director quixo salientar que
case a metade dos contratos proveñen do sector empresarial, evidenciando asà o
cumprimento dun dos obxectivos principais do centro, que é o fomento da transferencia tecnolóxica e de coñecemento ao
tecido produtivo.
Presentáronse tamén
nesta xornada os resultados de catro proxectos colaborativos do CITIC:
CONCORDANCE, para a prevención de colisións para UAV utilizando técnicas de deep learning e sensórica optimizada;
SC-IM-HW, que busca a optimización de métodos de selección de caracterÃsticas
baseados en información mutua para arquitecturas hardware non convencionais; eCOAR,
un sistema automático para a detección de anomalÃas e control da calidade en
eficiencia enerxética, confort térmico e calidade do aire en edificacións; e
TREBOADA, que utiliza técnicas de predición de precipitación mediante sensores
de baixo coste e aprendizaxe máquina.
Ademais, previo ás presentacións,
tivo lugar o Comité de Dirección, ao que asistiron o Secretario Xeral de
Universidades, José Alberto DÃez de Castro; o Vicerreitor de PolÃtica
CientÃfica, Investigación e Transferencia da UDC, Salvador Naya; o director e
subdirector do CITIC, Manuel F. González Penedo e Javier Pereira,
respectivamente; e os investigadores principais do centro.
- De esqueda a dereita: MarÃa Montero, técnica de I+D+i do CITIC; Javier Pereira, subdirector do CITIC; Salvador Naya, vicerreitor de PolÃtica CientÃfica, Investigación e Transferencia da UDC; José Alberto DÃez de Castro, Secretario Xeral de Universidades; Manuel Penedo, director do CITIC; e os investigadores principais do centro.