O CNTG acolle en marzo un seminario técnico sobre deseño de aplicacións para iOS
luns, 24 de febreiro do 2014
Tendo en conta o
que opina a Unión Europea sobre o potencial do sector das
aplicacións móbiles, un eido empresarial de actividade que a
xuÃzo desta Administración poderÃa xerar até cinco millóns de
postos de traballo de aquà a 2018 e unha boa manda de clientes
beneficios, non está de máis (nin moito menos) que nos poñamos ao
dÃa sobre os recursos e ferramentas precisos para sermos bos
desenvolvedores. Nesta liña, con especial atención ás cousas de
Apple, é onde se centra o novo seminario que presenta o Centro de
Novas TecnoloxÃas de Galicia (CNTG). Falamos
do seu seminario técnico sobre desenvolvemento de aplicacións para
iOS. A cita é o 20 de marzo e de 9.30 a 13.13 horas.
A sesión, informa a
dirección do centro, presenta unha vertente dupla: por unha banda
unha primeira vertente orientada a proporcionar unha visión técnica
da arquitectura das aplicacións para iPhone/iPad e, pola outra, unha
segunda encamiñada á área de negocio e monetización destes
desenvolvementos por parte de empresas e autónomos. Este seminario
esta dirixido sobre todo a desenvolvedores de software e, en xeral,
persoal técnico interesado en adquirir coñecementos sobre a
materia. O relator da xornada será Sergio RodrÃguez, director de
formación da empresa Core Networks. Sergio RodrÃguez é enxeñeiro
de telecomunicacións e foi instrutor oficial de Sun Microsystems ata
2003 e de Oracle University dende 2010. Especializado na área de
sistemas e desenvolvemento comezou no desenvolvemento de aplicacións
para smartphones no ano 2009, emprazando unha das súas
aplicacións como a aplicación española máis descargada en España
en 2011. O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña
a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo
do local.