O sector das aplicacións poderÃa xerar cinco millóns de empregos no vindeiro lustro
venres, 21 de febreiro do 2014
- A aplicación galega Imos desenvolvida por GalApps
A cousa está que arde para o negocio das
aplicacións. Se hai uns dÃas falabamos dende
Código Cero dun estudo de App Annie e IDC que certificaba que a
nivel mundial o gasto en descargas de aplicacións móbiles superou
xa ao de xogos para consolas portátiles (mesmo no mes de Nadal de
2013-2014, un perÃodo que soe representar a máxima bonanza para o
eido das consolas e os seus recursos) agora temos que falar dunha
investigación presentada esta semana pola Unión Europea na que se
agoira para o sector das apps a creación, de aquà a 2018, de
até cinco millóns de postos de traballo.
Segundo engade a UE, o tecido empresarial envorcado
nas aplicacións móbiles amosa capacidade para xerar, ademais, até
63.000 millóns de euros de negocio. O estudo en cuestión foi
presentado pola Administración europea baixo o epÃgrafe Sizing
the EU app economy. Nel tamén se lembra que a dÃa de hoxe este
eido de actividade vencellado ás comunicacións móbiles dá
traballo a un millón de desenvolvedores no ámbito da Unión, e máis
a 800.000 persoas en tarefas de comercialización e soporte. Ademais,
supón actualmente 17.500 millóns de euros ao ano para a economÃa
da UE.