O Certame Universitario ArquÃmedes outorga o primeiro premio a Iñaki Amatria, estudante da UDC
xoves, 14 de setembro do 2023
O primeiro premio no XX Certame
Universitario ArquÃmedes de Introdución á Investigación
CientÃfica do Ministerio de Universidades xa ten galardoado, trátase
de Iñaki Amatria Barral, estudante da Universidade da
Coruña, que foi recoñecido na área de EnxeñerÃa e Arquitectura
polo traballo titulado pRIblast: Unha Aplicación Paralela e de
Alta Eficiencia para a Predición Extensiva de Interaccións
lncARN-ARN, titorizado polos investigadores do CITIC Jorge
González e Juan Touriño. Este proxecto atópase inserido na
aplicación da supercomputación ao eido da bioinformática.
O dito premio está dirixido a estudantes de grao ou máster
matriculados nalgunha universidade española e ten como recompensa
6.000 euros para o alumno e 2.000 para os seus titores.
Iñaki Amatria é graduado en EnxeñerÃa Informática na Mención de
EnxeñerÃa de Computadores e Máster en Computación de Altas
Prestacións pola UDC.
En canto ao Certame ArquÃmedes, dicir que ten como obxectivo
fomentar a investigación cientÃfica entre os estudantes
universitarios, polo que recoñece traballos das áreas de Ciencias
Biolóxicas e Biomédicas; Ciencias Experimentais, Exactas e
Ambientais; Ciencias Sociais e Humanidades, e EnxeñerÃa e
Arquitectura. Outórganse un total de 28 premios con dotación
económica, tres estancias en centros de investigación e seis
premios a titores. Nesta edición presentáronse 530 traballos de
diversas universidades, tanto públicas como privadas.