O CiTIUS fortalece o seu equipo con dous novos investigadores informáticos
luns, 7 de maio do 2018
O
centro tecnolóxico CiTIUS vén de fortalecer a súa capacidade
cientÃfica e innovadora. E
faino coa de dous novos investigadores ao seu equipo: Alejandro
Catalá Bolós e Patricia MartÃn-Rodilla. O primeiro, doutor en
Informática pola Universidade Politécnica de Valencia (UPV),
continuará ampliando a súa carreira investigadora no centro da
Universidade de Santiago durante os vindeiros dous anos, logo das
súas estadÃas en entidades de renome e prestixio, como a
Universidade de Twente (PaÃses Baixos), onde desenvolveu o proxecto
coBOTnity, adicado a sistemas de narración dixital
interactiva, no contexto dunha bolsa de investigación Marie
Sklodowska-Curie.
No que se refire ao CiTiUS, unise ao Grupo de
Sistemas Intelixentes do CiTIUS (GSI), onde centrará boa parte do
seu traballo nos sistemas interactivos e de colaboración en
diferentes contextos, como a creatividade, a aprendizaxe e o lecer,
para construÃr sistemas de computación máis próximos e doados de
usar polos usuarios.
Pola
súa banda, a investigadora Patricia MartÃn-Rodilla incorpórase
tamén ao CiTIUS cunha nova estadÃa pos-doutoral de dous anos no
marco do Programa estatal de Axudas Juan de la Cierva. Doutora en
EnxeñarÃa Informática pola UPV, as súas liñas de investigación
nas Humanidades Dixitais dirÃxense cara á futura explotación
intelixente da información presente en fontes textuais en todos os
ámbitos, asà como a mellora da análise de datos en disciplinas
narrativas e humanÃsticas.
No
CiTIUS, Patricia traballará en novos algoritmos e técnicas para
procesar gran cantidade de información textual con maior exactitude,
podendo coñecer que conteñen e como se estruturan, mellorando de
maneira substancial a súa indexación e procura. A maiores,
estudará xeitos de optimizar a visualización dos resultados destas
análises para que sexan facilmente comprensibles pola cidadanÃa.
