O Ciclo de Cultura CientÃfica afondará no impacto da IA na educación
luns, 3 de xuño do 2024
A segunda edición do Ciclo de Cultura CientÃfica da Xunta, co lema TecnoloxÃa con sentidiño, afonda esta semana nun dos aspectos de maior actualidade sobre o impacto da tecnoloxÃa na sociedade: a intelixencia artificial. Será da man de Francisco Bellas Bouza, investigador e especialista en intelixencia artificial do CITIC da Universidade da Coruña.
Baixo o tÃtulo Educación na era da intelixencia artificial: vaiamos a modo, a conferencia centrarase nos novos retos que supón a aparición da intelixencia artificial, especialmente de ChatGPT no ensino, ofrecendo unha visión realista e fundada sobre se estas novas ferramentas dixitais constitúen ou non unha auténtica revolución educativa. O obxectivo é axudar a docentes, estudantes e familias a coñecer as súas limitacións, beneficios e riscos.
O relatorio poderá seguirse de forma presencia no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, de 18,00 a 19,30 h., e tamén será retransmitida en streaming na canle de YouTube da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional: