O Concello de A Coruña e Red.es presentan o proxecto Urbanismo en Rede
xoves, 15 de xaneiro do 2009

- Mar Barcón durante a presentación do proxecto
A tenente de alcalde responsable
da área de Urbanismo de A Coruña, Mar Barcón, e o Director de Planificación de Programas de
Red.es, Francisco Javier GarcÃa Vieira, presentaron
o desenvolvemento do proxecto piloto realizado por técnicos municipais do
Concello dentro do proxecto Urbanismo en rede.
Este proxecto piloto
permÃtelles a todos os usuarios obter información urbanÃstica de forma
inmediata e personalizada a través da páxina web do Concello, o que supón un paso máis no impulso á Administración electrónica, a aplicación das tecnoloxÃas da información na tramitación administrativa e a transparencia na información á cidadanÃa.
A través deste novo
desenvolvemento, os usuarios poderán acceder a toda a información urbanÃstica
que necesiten mediante dúas vÃas: premendo directamente sobre o mapa na zona
que desexen ou introducindo datos concretos referidos ao planeamento do seu
interese: distrito postal, referencia catastral, código urbanÃstico,
coordenadas fÃsicas ou o nome da zona que se quere consultar.
A web móstralle ao usuario todos
os niveis de información dispoñibles sobre a parcela ou área do seu interese:
clasificación, categorÃas do planeamento e cualificación do solo, e
permitiralle descargarse a ficha urbanÃstica completa. A información
compleméntase con outros datos de gran utilidade como a información catastral.
Ademais o novo desenvolvemento permitirá incorporando novas funcionalidades
para facilitar aÃnda máis o acceso da cidadanÃa á información urbanÃstica.
O proxecto piloto presentado hoxe
é froito do programa Urbanismo en Rede promovido pola entidade pública
empresarial Red.es, adscrita do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
xunto coa FEMP. Dada a complexidade inherente ao lanzamento dun programa destas
caracterÃsticas, Red.es determinou a necesidade de organizar un Foro de
Expertos en Urbanismo e TIC no ámbito local, que permitiu acometer unha etapa
previa de análise, definición e normalización urbanÃstica e unha etapa
posterior de posta en valor e verificación das recomendacións, de
sistematización e solución técnica, nunha serie de proxectos piloto. A Coruña é
o primeiro dos 15 municipios seleccionados que materializou o seu proxecto
piloto.

