O Concello de Vigo organiza a vindeira semana actividades sobre redes sociais e ámbito laboral
xoves, 12 de xullo do 2012
As redes sociais cambian o noso xeito
de relacionármonos, uns cos outros, potenciando e ampliando todo
aquilo que xa coñeciamos: comunicarnos, coñecernos, reatoparnos,
localizarnos. Isto que ten potencial a nivel persoal, teno tamén a
nivel de escenario de traballo. Dar a coñecer as posibilidades das
comunidades 2.0 no eido laboral e dos recursos humanos é o gran
obxectivo da xornada que organiza o Concello de Vigo o vindeiro luns
16. Os
seus eixes temáticos especÃficos serán RR HH, emprego e
Twitter. A cita é no Paraninfo do Centrol Local de Emprego
e Ocupacións, na rúa Oporto, nº 1, ás 19.30 horas.
A
conferencia, informa o Concello de Vigo, será impartida por
Francisco José Collazo, director de Recursos Humanos de Pórtico
e todo un referente no ámbito laboral nas redes sociais. Autor
do libro Twitter
y la búsqueda de empleo e responsable do blog de
Laboralnews
que no seu perfil de Twitter conta con máis de 30.000 seareiros. Xa
no dÃa seguinte, o martes 17, dirixirá un obradoiro encamiñado á
mocidade no que tratará sobre Twitter e o seu uso como instrumento
para a busca de emprego. As persoas interesadas en participar deberán
facelo contactando con @Punto_xove en Twitter. O evento enmárcase
dentro das actuacións e propostas que o Concello de Vigo apoia e
organiza na busca da dinamización do mercado de traballo e da
promoción de actividade económica.
