O DÃa da Música centra a nova entrega do portal Proxector
martes, 9 de xuño do 2026
Dos alalás e da lÃrica medieval ata a actual escena musical en galego, a nova entrega do portal Proxector, iniciativa en liña de divulgación en galego promovida polo Centro de Documentación SociolingüÃstica de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) e pola USC, conmemora o DÃa Europeo da Música (21 de xuño) cunha ducia de vÃdeos. Baixo o tÃtulo Lingua e música en sintonÃa, abórdanse temas como os seráns, as regueifas, as músicas urbanas e outros estilos musicais.
O especial arrinca co primeiro episodio da serie documental As músicas do vinte, dirixida e producida por Isaac Pazos, que pon en valor o traballo dunha serie de artistas que están a protagonizar a nova creación musical galega. A primeira estaba centrada en Nuno Pico e o seu proxecto musical: Grande Amore.
Entre as propostas que se recollen nesta entrega, hai dous vÃdeos sobre a regueifa. Nun deles os integrantes do grupo SonDaRúa falan da cultura hip hop e fan unha demostración práctica sobre a improvisación oral no rap e, no outro, é un obradoiro da regueifa en vÃdeo (con seis pezas audiovisuais).
Outro dos vÃdeos está centrado no rock bravú, un movemento musical que a mediados dos anos 90 revolucionou a escena musical galega cun rock cantado en galego, inspirado na cultura popular e acompañado de guitarras eléctricas. Un dos seus máximos expoñentes, Xurxo Souto, guÃa este documental que fai un percorrido polos grupos como Os Diplomáticos de Monte Alto, Os Rastreros, Skornabois, Os Impresentables, Os Papaqueixos ou O Caimán do RÃo Tea.
Da man da USC hai un vÃdeo sobre os aspectos musicais vinculados ao xogo tradicional, asà coma das caracterÃsticas dos xoguetes musicais e do repertorio de cancións infantÃs con xogo (ou xogos cantados).
Nesta entrega tamén se achegan un audiovisual para elaborar instrumentos, como un do Proxecto Ronsel para construÃr un mirlitón, instrumento musical da familia dos membranófonos (unha cana á que se lle fai un pequeno burato nun dos laterais). Hai tamén unha charla do antropólogo Rafael Quintiá sobre a foliada, na que debulla en que consistiu o traballo de elaboración do informe para o recoñecemento desta manifestación como Ben de Interese Cultural (BIC).
Arredor da gaita achégase unha charla-concerto de carácter didáctico no que Pablo Carpintero e Rosa Sánchez fan un percorrido polas gaitas de fol existentes en diferentes lugares do noroeste da penÃnsula polos que transcorre o Camiño de Santiago.
Pecha esta entrega catro pezas de contido diverso: unha sobre as principais figuras musicais do Romanticismo, con especial mención para Pascual Veiga, autor do Himno de Galicia; outra sobre o contexto do órgano en Galicia; outra sobre a lÃrica galego-portuguesa e os seus principais xéneros; e outra sobre as cantigas de transmisión oral e, máis concretamente no alalá, canto popular galego lento, sen acompañamento instrumental, considerado a forma máis antiga de música tradicional galega.
