Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo estrea xeiras formativas con 10 obradoiros TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo estrea xeiras formativas con 10 obradoiros TIC

Redacción
Publicado: 18/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugo_concello_edificio_novas_tecnoloxias_rosana_0.jpgO Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo, tal e como se anunciou con motivo da súa posta en marcha, quere ser un punto de encontro de internautas pero, tamén, un polo de información e formación dende o miolo mesmo da cidade vella. Nesta liña, o Concello vén de dar conta do arrinque da actividade formativa con 10 obradoiros tecnolóxicos de balde aos que se suma unha clase maxistral sobre fotografía. O comezo desta andaina divulgativa e educativa foi dado a coñecer este martes pola concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, que fixo saber que os obradoiros van dirixidos a públicos de todas as idades e que están programados para ser desenvolvidos entre o 29 de maio e o 30 de xuño.
Rielo explicou que as xeiras divulgativas son sobre todo pílulas formativas de pequeno formato que teñen, amais de divulgar, o obxectivo de ver cales son as temáticas de meirande interese entre a cidadanía, co fin de ir afondando nelas en datas vindeiras. Ao seu xuízo, os obradoiros serán a maiores unha “excelente oportunidade para mostrar as vantaxes das novas tecnoloxías, mellorar as competencias dixitais e impulsar o desenvolvemento persoal no ámbito da tecnoloxía”. O abano temático a tratar será, polo tanto, amplo de abondo. Deste xeito, informou Rielo, tocaranse nos obradoiros cuestións como os trámites electrónicos coa Administración, a iniciación á informática, o emprego de smartphones, a Internet segura, o posicionamento web e SEO, as redes sociais, o retoque fotográfico co smarphone, o comercio electrónico ou a creación de aplicacións móbiles.
Para inscribirse nalgún destes cursos é necesario achegarse ao Edificio de Novas Tecnoloxías, aberto en horario de luns a sábado, de 10:00 a 13:00 horas, e de 16:00 a 21:00 horas.
A inscrición realizarase ata as 20:00 horas do xoves anterior ao inicio do curso, data distinta para cada unha das accións. Cada persoa só poderá concorrer en dous cursos. A listaxe de persoas admitidas poderase consultar na páxina web do Concello, www.lugo.gal, no propio centro, ou a través do 010.
Tal e como anunciou a edil, esta programación tamén inclúe unha clase maxistral de fotografía artística dixital, a cargo de Álvaro Barreiro, o día 27 de maio, de 17:00 a 19:00 horas. A través deste obradoiro abrangueranse cuestións sobre o uso de ferramentas e recursos como Photoshop ou ligthroom, entre outros. Será na sala de usos múltiples do edificio, con entrada libre ata completar aforo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?