Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Foro Tecnolóxico de Emprego da UVigo xa conta con case dúas ducias de empresas participantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Foro Tecnolóxico de Emprego da UVigo xa conta con case dúas ducias de empresas participantes

Redacción
Publicado: 17/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_foro_tecnoloxico_emprego-5.jpgXa comeza a facer ruído a nova edición (2017) do Foro Tecnolóxico de Emprego, ese encontro da Universidade onde os aspirantes a seren contratados por empresas TIC (galegas e estatais pero sobre todo galegas) sitúanse cara a cara cos seus potenciais empregadores, con todo o que isto implica de apertura de posibilidades. Segundo informa a UVigo, xa está confirma este ano a participación de dúas ducias de compañías tecnolóxicas. En total, trátase dun cumprido grupo de 22 empresas entre as que se atopan vellas coñecidas (o operador R, Deloitte ou Optare Solutions) e outras novas que se estrean, compartindo todas elas o interese por impulsar a empregabilidade entre a xente nova (e, ao mesmo tempo, tirar proveito dos talentos que están a piques de chegar ao mercado laboral).
Segundo informa a UVigo, sen ben a cifra é lixeiramente inferior á do ano pasado, tamén é certo que nas semanas previas ao desenvolvemento do foro experiméntase sempre unha importante suba de adhesións. O máis probable, neste senso, é que se iguale a cifra de participantes de 2016. Por certo que detrás deste encontro atópase unha equipa de cen alumnas e alumnos das escolas de Enxeñería de Minas e Enerxía, Industrial e Telecomunicación, encargada/os de por en marcha a actividade, que se celebrará días 8, 9 e 10 de marzo. A iniciativa, que acada xa a súa décimo sétima edición, foi medrando (precisamente) grazas ao alumnado da Universidade de Vigo, que leva anos tirando proveito das posibilidades que se abren con este “escaparate”, como acaido para que as empresas sector tecnolóxico se presenten ante as persoas que poden chegar a formar parte das súas ringleiras nun futuro próximo.
O novo foro ten programado, entre outras cousas un ciclo de conferencias que se centrará na orientación laboral e outros temas de actualidade, mudando así a a temática escollida na edición anterior que facía fincapé no ámbito técnico. Entre as temáticas que terán continuidade sitúase o espazo de emprendemento iniciado hai dous anos “con notable éxito”, en palabras dos organizadores, que explican que “a finalidade é seguir potenciando ás empresas novas, sobre todo as de carácter local ou as xurdidas dentro do propio ámbito universitario”. Tamén lembran que “como vén sendo habitual” os estudantes que “o desexen poderán deixar cadanseus currículos nas casetas habilitadas para as diferentes marcas”, algo que se poderá facer tamén vía online a través da páxina web do foro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?