O Game Pass incorpora unha boa escolma de xogos en decembro
martes, 2 de decembro do 2025
Xbox Game Pass inicia decembro cunha fornada de novidades que mesturan grandes franquÃas, propostas independentes e actualizacións de tÃtulos xa coñecidos. Entre os xogos dispoñibles desde hoxe destaca Lost Records: Bloom & Rage, unha aventura narrativa dos creadores de Life is Strange que alterna entre a mocidade de 1995 e os segredos que marcaron aos protagonistas décadas despois. Nos vindeiros dÃas chegarán propostas tan diversas como Monster Train 2, Spray Paint Simulator e 33 Immortals, un roguelike cooperativo para 33 xogadores que promete batallas multitudinarias contra hordas de monstros.
O 4 de decembro será a quenda de Indiana Jones y el Gran CÃrculo, ambientado entre En busca da Arca Perdida e A Última Cruzada, e Routine, un tÃtulo de terror espacial cunha estética retrofuturista. O catálogo ampliarase tamén con A Game About Digging A Hole, Death Howl e Dome Keeper, todos previstos para o 9 de decembro. O dÃa 10 marcará a chegada de Mortal Kombat 1, que reinventa o universo da saga con novo sistema de combate e modos de xogo. O 11 será a quenda de Bratz: Ritmo y Estilo, pensado para quen busque moda e música nun contexto máis lixeiro.
A oferta complétase con incorporacións recentes como Marvel Cosmic Invasion, Total Chaos, CloverPit ou Young Suns, e con tÃtulos que se suman á modalidade Game Pass Essential, entre eles Stellaris, World War Z: Aftermath e Medieval Dynasty.

- Marvel Cosmic Invasion é unha das últimas incorporacións ao Game Pass
