O Goberno levará fibra de alta velocidade a 1.500 vivendas e empresas de Chantada
xoves, 2 de marzo do 2023
A
subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, reivindicou este
xoves 2 de marzo en no concello de Chantada
o compromiso do Goberno “por impulsar a dixitalización e a
cohesión territorial da provincia, con especial atención a aqueles
concellos afectados polo despoboamento”. Segundo
fixo saber, Chantada é “unha mostra da
importancia que os veciños e veciñas da provincia teñan as mesmas
oportunidades e os mesmos servizos” salientou, engadindo
que a previsión é levar Internet ultrarrápida a 1.500 vivendas e
empresas.
A
subdelegada mantivo unha reunión co alcalde, Manuel Lorenzo Varela,
para abordar os investimentos do Goberno no municipio e presentarlle
as principais liñas dispoñíbeis
para transición ecolóxica, vivenda, administración pública, e
recoller tamén as súas demandas e opinións.
Durante
a visita, Isabel Rodríguez avanzou que Chantada está incluída na
segunda convocatoria do plan Único
do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para a
dotación de fibra óptica. Así, o Goberno achegará a banda largada
ultrarrápida a case 600 zonas do municipio, valorada en máis de
500.000 euros, beneficiando directamente a 1.500 fogares e empresas.
O Ministerio financia con este programa ata o 90% dos custos.
En
relación a isto, Isabel Rodríguez adiantou que o Goberno vén de
sacar a convocatoria do Plan Único
de Demanda Rural que mellorará a cobertura nas zonas remotas a un
prezo alcanzábel.
Isto será posíbel
grazas a tecnoloxía satélite adxudicada a Hispasat e que permitirá
acceder a alta velocidade en territorios nos que non se poida
dispoñer de tecnoloxía fixa a un prezo que non poderá superar os
35 euros mensuais para os usuarios finais do servizo.
Durante
a xornada, a subdelegada e o rexedor tamén perfilaron o dispositivo
de seguridade previsto para a XL Feira do Viño, que se celebrará os
días 10, 11 e 12 de marzo. Tal e como se acordou no encontro, os
efectivos da Garda Civil xunto coa Policía Local intensificarán os
traballos de vixilancia para evitar incidentes.