O Goberno vasco interésase pola política tecnolóxica da Xunta

venres, 18 de outubro do 2013 Redacción

A sede da AMTEGA recibiu hoxe ao viceconselleiro de Administracións Públicas do País Vasco, Carmelo Arcelus; ao director xeral de Informática e Telecomunicacións, Jaime Domínguez-Macaya; e ao director da Sociedade Informática do Goberno vasco, Agustín Elizegi, que achegáronse a Galicia para coñecer da man da directora da AMTEGA, Mar Peira, a estratexia tecnolóxica da Xunta. Na súa visita amosaron o seu interese no proceso de creación da AMTEGA, na posta en marcha do Centro de Proceso de Datos Integrar e no deseño e desenvolvemento do Plan de Banda Larga da Xunta.
Mar Pereira expúxolles os principais fitos da Axenda Dixital galega, como a centralización da política tecnolóxica da Xunta nun único órgano (a AMTEGA), a integración de 80 Centros de Proceso de Datos dispersos nunha única infraestrutura (o novo CPDI) e os avances para achegar conexións de Internet de calidade a todo o noso territorio (que non se limitou ao acceso á Rede básico, senón que máis dun millón de galegos están en zonas con cobertura de conexións de 100 Mbps de velocidade).