O PEGI penalizará as caixas de botÃn e outras prácticas adictivas nos videoxogos
xoves, 12 de marzo do 2026

- Os xogos de fútbol de EA Sports poderÃan pasar de PEGI 3 a PEGI 16 (ou PEGI 18) a partir do mes de xuño
O sistema europeo de clasificación por idades de videoxogos PEGI (Pan-European Game Information) ampliará a partir de xuño de 2026 os seus criterios de avaliación para incorporar novas categorÃas relacionadas cos riscos derivados das interaccións en liña. O obxectivo é ofrecer ás familias unha información máis clara e completa sobre elementos presentes nos xogos, como as compras internas, os obxectos aleatorios de pago ou as funcionalidades de comunicación entre usuarios.
A organización, con sede en Bruxelas, explicou que os xogos que se sometan á súa clasificación desde esa data serán avaliados cun conxunto máis amplo de criterios que terá en conta tanto o contido como determinadas funcionalidades. Entre elas figuran as compras de contidos dentro do propio xogo, os sistemas de recompensas aleatorias de pago, as ferramentas de comunicación entre xogadores ou os mecanismos que incentivan regresar ao xogo con frecuencia.
Segundo PEGI, esta actualización permitirá determinar con maior precisión cando a presenza destes elementos debe implicar unha clasificación por idades máis elevada. A entidade considera que se trata dunha modificación relevante do sistema de clasificación que pretende reforzar a seguridade no ámbito en liña e responder ás preocupacións de moitos pais e nais.
Novas ligazóns entre funcionalidades e clasificación por idades
A actualización tamén introduce unha relación directa entre determinadas funcionalidades e a idade recomendada polo sistema PEGI. Ata agora, a organización xa advertÃa sobre a presenza de caracterÃsticas como as compras internas ou os elementos aleatorios de pago, pero desde agora estes aspectos poderán influÃr directamente na idade mÃnima recomendada.
Os xogos que inclúan ofertas de compra limitadas no tempo ou na cantidade terán como mÃnimo unha clasificación PEGI 12. No caso de incorporar sistemas baseados en cadea de bloques ou NFT, a clasificación será PEGI 18.
Pola súa banda, os xogos que inclúan obxectos aleatorios de pago (como caixas de botÃn) partirán dunha clasificación PEGI 16, aÃnda que nalgúns casos poderán chegar a PEGI 18. Isto pode supor un duro golpe para os xogos da serie EA Sports FC, que inclúen a compra de lotes de cartas con xogadores ao chou en Ultimate Team, de xeito que o xogo pasarÃa de ter un PEGI 3 a, como mÃnimo, un PEGI 16, presentándose como un risco para a rapazada.
Outro dos criterios ten que ver cos sistemas coñecidos como play-by-appointment, é dicir, aqueles que recompensan aos xogadores por volver ao xogo de maneira regular (por exemplo, misións diarias). Estes mecanismos situaranse en PEGI 7, pero se o xogo penaliza ao usuario por non regresar —por exemplo, reducindo o progreso ou eliminando contido— a clasificación elevarase ata PEGI 12.
Ademais, os xogos que incorporen sistemas de comunicación completamente sen restricións entre xogadores, sen opcións de bloqueo ou denuncia, recibirán unha clasificación PEGI 18.
Novos requisitos de información para as editoras
Coa entrada en vigor destes criterios, as editoras de videoxogos deberán facilitar información adicional cando os seus tÃtulos inclúan algunha destas funcionalidades. Isto permitirá aos administradores do sistema PEGI avaliar con maior detalle como afectan á experiencia de xogo e á clasificación por idades correspondente.
As empresas poden solicitar a clasificación dun tÃtulo antes do seu anuncio público ou da súa posta á venda, polo que PEGI prevé que os primeiros xogos avaliados segundo estes novos criterios comecen a presentarse a partir do verán deste ano.
