O Patrimonio da Deputación da Coruña, protagonista dunha campaña transmedia
venres, 17 de marzo do 2023- Visita do deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, á gravación do vídeo-clip de Minguante nas Torres de Altamira
A
área
de Patrimonio da Deputación da Coruña que xestiona o deputado Xosé
Lois Penas, está a ultimar os detalles dunha campaña transmedia
que ten por obxecto “promover a pegada histórica e cultural de
varios bens patrimoniais de titularidade provincial”. Baixo o
cancelo #PatrimonioInMaterial difundiranse media ducia de vídeo-clips
musicais en redes sociais para amosar “a simbiose natural que
existe entre o Patrimonio Material e Inmaterial”, en palabras da
área de Patrimonio.
“Queremos
dar a coñecer estes tesouros dun xeito máis transversal e
socializado sobre todo entre a xente máis nova, polo que optamos por
canles e formatos de difusión máis axustados ao perfil da mocidade”
asegura Xosé Lois Penas.
Os
seis videoclips foron gravados en localizacións de especial interese
histórico e cultural como son o Dolmen de Dombate, o Castelo de
Vimianzo, o forno do Forte, as Torres do Allo, as Torres de Altamira
e o Mosteiro de Caaveiro.
Os
vídeos subiranse os luns, a partires do 20 de marzo, á canle de
Youtube da Deputación e, ao longo de cada semana, realizaranse
diversas accións de difusión a cargo de creadoras de contidos
culturais e xestores de comunidades como Ola Xon Mario!,
Orgullo Galego ou Rodri Míguez. Toda a produción e coordinación
técnica correrá a cargo da Cooperativa Audiovisual Suseia.
Todos
os luns o perfil de Youtube da Deputación publicará un vídeo-clip
que servirá como arranque para comezar coa difusión. As noites dos
luns Rodri Míguez fará unha análise dun minuto do espazo escollido
para interpretar a canción, os martes á tarde a conversa será en
Twich da man de Orgullo Galego, os mércores Ola Xon Mario!
encargarase de poñer a nota de humor e os xoves un post de Orgullo
Galego achegará lendas e datos de interese relacionados co ben de
interese.
Entre
as bandas e solistas que participan existe unha grande variedade de
xéneros musicais e propostas creativas: Adhara and Ritman coa súa
mestura de folk e soul; O Rabelo que interpretará un tema
tecno-tradi; Minguante e a aposta polo pop-indie; Técor
Societario cun tema punk-folk; Sofia Espiñeira coa frescura
do pop en galego e Lisdexia cunha aposta polo pop-punk.