O Pazo de Arenaza (Oleiros) acolle o 16 de marzo o evento Coworking Startup Café

xoves, 9 de marzo do 2023 S. P.

No marco da Startup Europe Week, a Deputación da Coruña organiza o evento Coworking Startup Café, no centro de traballo colaborativo do Pazo de Arenaza, integrante da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo impulsada desde o Plan de Emprego Local (PEL). Esta semana europea é un acontecemento impulsado pola CE para fortalecer o ecosistema emprendedor no ámbito autonómico e local. O Coworking Startup Café celebrarase o vindeiro xoves 16 de marzo ás 9.30 horas no Coworking Pazo de Arenaza (Oleiros, A Coruña).
Neste evento os emprendedoras e emprendedores da provincia que desexen participar, terán a oportunidade de escoitar ao Antonio Hyder, director de investigación científica en Hackers & Founders (Palo Alto, CA, EEUU); a Kristina Eskenazi, presidenta do Health & Life Sciences Cluster Bulgaria e fundadora do AI Cluster Bulgaria, e compartir un café con persoas emprendedoras de éxito da nosa provincia como Sico de Andrés, creador e director executivo (CEO) de Link Affinity; con Eva Cayetana Somolinos Olmo, directora executiva e fundadora de AcercArte; con Sergio Sampredo Herranz, director e socio fundador de Emsamble; e con Álex Bernardo, fundador de Nocodehackers.
As inscricións realizaranse a través da páxina web do evento
Debido a limitacións de aforo só as 25 primeiras inscricións poderán acudir á cita de xeito presencial. As restantes ou as que así o desexen poderán seguir algunhas partes do evento en formato web streaming desde a canle de YouTube do Coworking do Pazo de Arenaza, sen necesidade de inscrición previa.