O alumnado do Pintor Colmeiro de Silleda lanza na Rede un lipdub para defender o uso do galego
luns, 3 de maio do 2010
Os alumnos do Instituto de Educación Secundaria Pintor Colmeiro de Silleda veñen de reivindicar dúas cousas na Rede: o emprego da nosa lingua a tódolos niveis e, tamén, unha nova maneira (dende longo máis divertida que calquera das outras tradicionais das que puidemos ser testemuñas) de abrirlle á sociedade as portas dun centro de ensinanza. Falamos do vÃdeo que a comunidade estudantil dispuxo no YouTube, onde xa Ãa camiño das 1.000 visualizacións a media mañá deste luns 3 de maio. A achega, probablemente o primeiro lipdub (dobraxe de beizos e acenos feito por un colectivo sobre a base dunha canción xa gravada) feito dende un instituto da nosa terra, está a ser saudada xa como un imaxinativo e orixinal manifesto a prol do galego.
O vÃdeo foi concibido como un longo plano secuencia de sete minutos (o que fala ás claras da súa complexidade) que presenta unha chea de maneiras de celebrar o uso do galego, unha por cada alumna e alumno e todas elas cun elemento común: a diversión. A peza audiovisual, de nome Galegando, inclúe pois un pouco de todo: coreografÃa, patinadoras, músicos, bicicletas dentro do recinto, etc. Por certo que dende a web do centro Pintor Colmeiro xa hai tempo que se veñen dando mostras dun claro compromiso a prol da identidade galega, compromiso que vai dende a adhesión á campaña Orgullos@ do Galego posta en marcha polo CEDNL ata a participación activa dos internautas/alumnos en iniciativas como Eufalo.tv, desenvolvida para debater sobre a realidade da nosa fala e os múltiples usos que se lle pode dar na vida moderna.
O lipdub en vÃdeo
