O incremento do uso de servizos de lecer en liña poderÃa dificultar o teletraballo
luns, 16 de marzo do 2020

- Arthur Dreyfuss, presidente da Federación Francesa de Telecomunicacións
Mentres os
operadores de telecomunicacións piden facer un uso razoable das redes por
mor da excepcional situación provocada polas corentenas que buscan frear ao
COVID-19, dende Francia queren ir un paso máis aló, e Arthur Dreyfuss, presidente da
Federación Francesa de Telecomunicacións, estarÃa a declarar aos medios que poderÃan
restrinxir o tráfico de servizos como Netflix, YouTube, Facebook ou TikTok
para que consuman un menor largo de banda e asà poder facilitar o
desenvolvemento fluÃdo do teletraballo.
Aseguran que YouTube,
Netflix e Facebook representarÃan preto do 80% de todo o trafico da Internet
en Francia, e dado que o uso destes espazos é principalmente para o lecer,
consideran razoable dicir adeus á chamada neutralidade de rede e reducir a
prioridade deste tipo de tráfico de datos para que os servizos empregados para
traballar poidan operar correctamente.
CaÃda de Microsoft Teams
Pero cómpre advertir de que os problemas para traballar en
liña non están actualmente afectados polas limitacións do largo de banda
dispoñible, aÃnda que si pola afluencia masiva de usuarios a servizos de
colaboración en liña que tiñan niveis de uso moi inferiores, polo que agora
vense sobrepasados. É o caso de Microsoft
Teams, que esta mañá padeceu en Europa unha caÃda de algo máis de dúas horas,
confiándose en que as medidas adoptadas eviten que se repitan as incidencias nos
vindeiros dÃas. Neste caso sospéitase que non foi só o incremento de
traballadores dende os seus fogares, senón que terÃa un impacto moi importante
o feito de que certas escolas optasen por esta ferramenta para manter a
relación entre alumnado e profesorado, de xeito que falamos dun incremento de
usuarios moi brusco, ante o que resulta difÃcil reaccionar.
