O mes que vén teremos un novo xogo dos Pitufos para Nintendo 3DS
mércores, 9 de setembro do 2015
Os Pitufos levan uns anos de volta en distintos medios, en
boa medida grazas ás súas versións cinematográficas, pero Ubisoft está a
anunciar un novo xogo destes personaxes que está baseado directamente na banda
deseñada creada por Peyo a finais dos anos 50. Estamos ante un tÃtulo para
Nintendo 3DS que sairá á venda o 13 de outubro, e que non buscará grandes
complicacións xa que, aÃnda que conte cun argumento (alguén misterioso demoleu
a aldea pitufa e hai que reconstruÃla) este é simplemente o centro ao redor do que
xiran 12 mini-xogos.
O xogo contará con localizacións e personaxes moi coñecidos para os seareiros
das criaturas azuis de Peyo, contando asà coa presenza de Papa Pitufo,
Pitufiña, Pitufo Cachirulo, Gargamel, Azrael e outros; mentres que os
mini-xogos presentes permitirannos xogar ás agachadas, tocar música e incluso
mesturar pocións (inclinando a consola para desprazar os ingredientes e
sobrando ao micrófono para arrefriar as creacións).