O novo laboratorio de microbioloxÃa do CHUO é o primeiro de Galicia automatizado e con IA
venres, 20 de xuño do 2025
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, puxo en valor os avances do novo laboratorio de microbioloxÃa do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que destaca pola súa axilidade e fiabilidade, converténdose no primeiro de Galicia automatizado e dotado de intelixencia artificial para o recoñecemento de imaxes de cultivos.
Acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e polo xerente da área sanitaria, Santiago Camba, Gómez Caamaño visitou as instalacións situadas no edificio Santa MarÃa Nai, onde a Xunta destinou máis de 6,3 millóns de euros á adquisición de novo equipamento co obxectivo de mellorar, entre outras cuestións, o procesamento das mostras biolóxicas.
Gómez Caamaño fixo fincapé na transformación que supón este novo sistema para o traballo do persoal do laboratorio, integrado por oito facultativos especialistas e 16 técnicos superiores, que procesan cada mes máis de 31.000 mostras, tanto programadas como urxentes. A partir de agora, a cadea robótica asumirá as tarefas rutineiras, permitindo que os profesionais se centren nas análises máis complexas.
Actualmente, os novos equipos xa están instalados e en fase de posta en funcionamento. Segundo avanzou Gómez Caamaño, esta etapa finalizará no terceiro trimestre do ano, momento no que o laboratorio quedará completamente operativo, cun sistema robotizado, automatizado e baseado en técnicas de intelixencia artificial.
Este investimento enmárcase no proceso de renovación iniciado pola Xunta no ano 2021 coa reforma integral do laboratorio central do CHUO, cun orzamento próximo aos 6 millóns de euros.
