O novo xogo de Zelda para Wii chegará o 18 de novembro
mércores, 17 de agosto do 2011
Nintendo confirmou hoxe
que The
Legend of Zelda: Skyward Sword para Wii chegará
ás tendas europeas o vindeiro 18 de novembro, tÃtulo que virá
precedido por The Legend of Zelda: Four
Swords, adaptación dun xogo de Game Boy Advance que poderá descargarse de
balde a través de Nintendo DSiWare (para DSi e 3DS) como parte das celebracións do 25º aniversario da
saga protagonizada polo valente Link.
Skyward
Sword será a aventura que establecerá os alicerces para os eventos do argumento
de Ocarina of Time (que hai pouco
estreou remake para a Nintendo 3DS), de xeito que os máis fieis
seareiros de The Legend of Zelda
estarán encantados de enriquecer esta historia. Esta nova entrega da saga
combinará aventuras en terra firme con viaxes de exploración sobre as nubes, destacando
por tirar proveito do mando de Wii Plus, de xeito que reflectirá os movementos
do mando do xogador con grande fidelidade á hora de empuñar a súa espada, dando
pé a un sistema de combates moi completo e divertido, no que cada inimigo
suporá o reto de analizar os seus movementos e atopar os seus puntos febles.
Xogos para a segunda metade de 2011
A compañÃa nipona tamén anunciou
parte dos xogos que distribuirá no que resta de ano, como os tÃtulos para
Nintendo 3DS Super Mario 3D Land en
novembro e Mario Kart 7 e Super Pokémon Rumble en decembro, e as
novas aventuras de Kirby: con Kirby’s
Adventure Wii para
a consola doméstica e Kirby Mass Attack
para as portátiles.
Os usuarios da Nintendo 3DS tamén poderán descargar da
Nintendo eShow xogos como Zen Pinball 3D,
Mighty Switch Force e Mutant Mudds; mentres que dende a
consola virtual tamén achegará xogos de Game Boy adaptados á 3DS como Super Mario Land 2: 6 Golden Coins e Metroid II: Return of Samus.
Máis pronto pillaranos Xenoblade
Chronicles, un xogo de rol para Wii que chegará este mesmo venres ás tendas
españolas acompañado de moi boas crÃticas.