O outubro iniciarase a segunda edición de XEMTE
venres, 7 de agosto do 2015
O 15 de outubro comeza a segunda
edición do TÃtulo Propio da Universidade da Coruña, XEMTE, un punto de
encontro entre universidade, empresas e novos talentos. Durante un perÃodo de 8
meses unha vintena de docentes (profesionais de recoñecida traxectoria no mundo
da empresa e expertos profesores universitarios) porán toda a súa experiencia
ao servizo dun grupo de 20 alumnos, baixo un formato docente innovador e
eminentemente práctico, que combinará clases nas aulas con mesas redondas,
visitas a empresas, resolución de casos reais,...
Cun programa formativo deseñado dende a perspectiva da
empresa, XEMTE aposta, ao mesmo tempo, polo alumno (achegando valor engadido á
súa formación universitaria, para que sirva como impulso á súa carreira
profesional) e pola empresa (poñendo á súa disposición profesionais que non só
conten cunha sólida formación académica, senón que saiban aplicala de forma
eficiente á realidade empresarial).
Abanca, Altia, Telefónica, Emetel e outras importantes
empresas de diferentes sectores (bancario, enerxético, consultorÃa,
tecnoloxÃa,...) coñecedoras dos retos que afronta o sector empresarial, ven en
XEMTE unha panca do cambio para dar resposta ás novas necesidades que se
formulan. Por iso, decidiron apoiar a 2ª edición deste curso de especialización
en xestión empresarial e tecnoloxÃa.
Ao longo do posgraduado, as empresas asociadas a XEMTE
estarán en contacto cos alumnos, coñecerán a súa evolución en termos de
progreso e esforzo e, unha vez finalizado o posgraduado, terán a oportunidade
de integrar nos seus equipos a aqueles que mellor se axusten ás súas
necesidades.
