O remake da serie Dragon Ball Z terá xogo para Nintendo DS

martes, 24 de marzo do 2009 Marcus Fernández

As Bolas Máxicas resístense a deixarnos, e tras moitos anos na pequena pantalla, chegarán este ano ao cine e a canle xaponesa Fuji TV aproveita a ocasión para emitir Dragon Ball Kai, que sería unha edición remasterizada en alta definición da serie Dragon Ball Z (eliminando detalles de pouca importancia para deixar os 291 episodios orixinais en apenas un cento) que tamén terá contrapartida na Nintendo DS.
O novo videoxogo sería un RPG de corte clásico con combates por quendas, desenvolvido por Monolith, e do que aínda non se coñecen os plans de internacionalización, xa que este tipo de xogos son moi habituais no Xapón, pero non sempre chegan a venderse no estranxeiro, pois este xénero goza de pouco éxito global. Os xaponeses poderán mercar este título para a consola portátil de Nintendo a partir do 29 de abril, e xa conta cun trailer para ir abrindo boca:

PUBLICIDADE