O servizo de reservas en liña Unamesaporfavor.com promove en Compostela ceas de Reis para as familias con dificultades
venres, 4 de xaneiro do 2013
O servizo galego de reservas de restaurante en liña
Unamesaporfavor.com está
a promover estes dÃas unha iniciativa que ten moito de innovación e
colaboración arredor desa innovación pero, sobre todo, de
solidariedade. A proposta é froito destes tempos. Mellor dito:
responde a estes tempos. Consiste nunha doazón, en colaboración con
oito establecementos gastronómicos de Santiago e a súa contorna, de
outras tantas ceas de Reis entre as familias locais que estean a
pasar por máis dificultades, inseridas na asociación compostelá
Xuntos Podemos.
Esta actividade solidaria da empresa en liña,
desenvolvido baixo o lema Unha mesa para todos, conta coa
colaboración de A Tafona, Garum Bistro, Hotel Os
Abetos e A
Industrial en Santiago de Compostela; Casa Roberto en Vedra, Casa
RosalÃa en Brión, D’Antaño en Bertamiráns e
A Fortaleza en Santa Comba. O
viño, Adega Valdés, vén da man da propia adega, que doa unha
botella de Albariño Gundián para cada unha das ceas.
Na
iniciativa tamén achega a súa
colaboración o devandito
colectivo Xuntos Podemos, dirixido por Frei Francisco Castro, unha
entidade de axuda ás persoas con menos
recursos xurdida ao abeiro do Albergue Xoán
XXIII. Lembrar que a empresa
Unamesaporfavor.com está especializada en reservas de restaurantes
en liña e foi creada con capital cen por cen galego, sendo un dos
seus piares fundamentais apostar por iniciativas sociais a través do
coworking
e a cooperación empresarial. En YouTube
hai un vÃdeo dispoñible sobre a iniciativa.
