O último disco de Nine Inch Nails aproveita a Rede para a súa promoción e venda
mércores, 5 de marzo do 2008
Nine Inch Nails, o grupo musical
de Trent Reznor, sorprendeu cun orixinal método para lanzar o seu novo disco Ghost I-IV composto por
36 cancións, pois permiten
descargar de balde Ghost I (os 9 primeiros temas) a través da
Internet, podéndose descargar o resto de temas tralo pago de 5 dólares.
As descargas do disco corresponden a ficheiros en formato MP3 a 320 Kbps,
achegando unha elevada calidade de son e recollendo a obra baixo licenza
Creative Commons (permitindo a súa distribución para fins non comerciais).
Paralelamente tamén permiten encargar a nova obra en formato fÃsico, incluÃndo
unha edición de ultra-luxo en disco de vinilo a 300 dólares (limitada a 2.500
copias) que se
esgotou nun par de dÃas. As edicións non limitadas corresponden a unha
edición ordinaria en CD a 10 dólares e outra de luxo a 75 dólares. Vendo estas
cifras podemos entender que o negocio saÃu redondo pese á crise da industria
discográfica.
