O xogo Demigod tería 5 xogadores piratas por cada usuario lexítimo
venres, 17 de abril do 2009
Bard Wardell, de
Stardock, revelou nos foros web destinados para o xogo en liña Demigod que os servidores destinados a
manter o título operativo estaba
a soportar unhas 120.000 conexións das que só 18.000 correspondería a usuarios
que fan un uso lexítimo do xogo, mentres que o resto correspondería
a copias piratas do mesmo, polo que
están a traballar nalgún método para discriminar xogadores que se fan co xogo
por canles alternativas, pois están a
sobrecargar os seus sistemas, e iso é un problema para os usuarios que si
pagaron polo servizo.
As compañías tenden a escalar os seus servidores segundo o seu número de
clientes, polo que se atopan un número de usuarios 6 veces maior teñen serios
problemas para atender a demanda, o que ocasiona malestar nos usuarios de pago,
que no caso actual xa poden acceder aos servidores de Stardock, pero que
tiveron problemas de conectividade nos últimos días. Este tipo de incidencias
deberían chamar á reflexións a usuarios sen escrúpulos que non son conscientes de
que unha cousa é non mercar un xogo e outras ben distinta non pagar por un
servizo de subscrición.