O xogo de PatoAventuras amosa o seu nivel máis fresco
mércores, 17 de xullo do 2013
Hoxe comezan as actividades de cara á Comic-Con de San Diego, encontro
internacional que naceu ao redor do mundo do cómic pero que nos últimos anos
converteuse en todo un referente para culturas asociadas como o cine, a televisión
e os videoxogos, e precisamente por iso dende
Capcom decidiron estrear un trailer do videoxogo DuckTales (PatoAventuras
en España), que trátase dunha remasterización do xogo homónimo para a Nintendo,
adaptando os seus gráficos á alta definición.
O vÃdeo publicado hoxe permÃtenos ver un dos niveis máis curiosos do xogo,
ambientado no Himalaia e no que a voz do piloto Joe McQuack explica como nestes
escenarios haberá que superar xeo esvaradÃo, animais salvaxes e seres
abominables que xorden entre o TÃo Gilito
e o tesouro do Himalaia que está a procurar. Pese a estarmos ante unha revisión
dun tÃtulo de hai máis de 20 anos, o seu rexuvenecemento parece ser moi atinado,
conseguindo darlle unha aparencia propia dunha produción actual.
O xogo ten previsto o seu lanzamento para PS3, Wii U e PC o vindeiro 13 de
agosto, tendo que esperar os usuarios da Xbox 360 ata o 11 de setembro para
poder gozar das aventuras do TÃo Gilito
na pantalla da súa consola.
Novo trailer do novo xogo baseado na serie de televisión de PatoAventuras