O xogo galego Colours inicia a súa renovación
martes, 10 de marzo do 2026
En 2015 Axóuxere Games lanzou para Android o seu xogo Colours, e decidiron celebrar os seus máis de dez anos de vida retomando esta creación e iniciando unha etapa de transformación centrada na modernización da súa identidade, a súa base tecnolóxica e a súa proposta creativa, seguindo un plan estruturado en varias etapas que se desenvolverán progresivamente ao longo dos vindeiros anos.
A primeira das etapas consiste nun proceso de renovación da identidade visual. O xogo incorpora unha actualización da súa estética xeral e do estilo gráfico co obxectivo de adaptalo á nova etapa de Colours. Entre os cambios máis visibles atópase a substitución do logotipo por unha nova versión e unha revisión do deseño da protagonista, Ada. A personaxe recupera agora un aspecto máis próximo ao concepto orixinal do proxecto e achégase ao parecido da filla maior do desenvolvedor, Antonio GundÃn, tamén chamada Ada en homenaxe a ela.
Esta primeira actualización introduce tamén novidades na xogabilidade. Engádese un sistema de estrelas, fondos que comezan en escala de grises e que recuperan progresivamente a color a medida que o xogador avanza, asà como un bonus multiplicador x2 ao completar cada estrela, que actúa como novo incentivo durante as partidas. Esta versión xa se pode descargar de balde para Android.
A segunda fase chegará no verán de 2026 coa migración tecnolóxica do proxecto. O xogo pasará da súa implementación actual en Android Studio ao motor Unity, un cambio que permitirá mellorar os procesos de desenvolvemento, ampliar as posibilidades técnicas e preparar o tÃtulo para futuras actualizacións.
A adopción do novo motor abrirá tamén a porta a unha terceira fase centrada nas melloras visuais dentro do propio xogo. Ao longo de 2026 incorporaranse progresivamente novos elementos gráficos co obxectivo de reforzar a identidade estética de Colours sen perder a súa esencia arcade, baseada en partidas rápidas e mecánicas directas.
A música adquirirá tamén un papel máis relevante na experiencia. Entre finais de 2026 e comezos de 2027 prevese unha revisión completa do apartado sonoro para que deixe de ser un simple acompañamento e pase a converterse nun elemento central da identidade do xogo.
O proceso culminará en 2027 coa introdución de novos modos de xogo que ampliarán a proposta orixinal e ofrecerán novas formas de interactuar con Colours.
Con esta folla de ruta, Axóuxere Games busca abrir unha nova etapa para o tÃtulo mantendo o espÃrito que definiu o proxecto desde o seu nacemento. O obxectivo é explorar novas posibilidades técnicas, visuais e creativas sen perder a esencia do xogo, ao tempo que se reforza o compromiso do estudio coa preservación e evolución dos seus propios proxectos.
Tráiler da renovación de Colours
