O xogo nipón de PS One, GaiaSeed, dispoñible como descarga para PS3

mércores, 2 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Os usuarios da PlayStation 3 que gusten do shoot’em up xaponeses estarán encantados de ver que hoxe incorpórase ao catálogo de Importados PS One o clásico GaiaSeed, unha xoia que pode adquirirse por só 4,99 euros (cando o seu prezo en formato físico supera os 100 euros en distintas poxas en liña, por tratarse dun xogo que nunca chegara oficialmente a occidente). Este shooter de desprazamento horizontal foi desenvolvido por Techno Soleil, ten un control sólido, un preciso control de colisións para as balas e un simple sistema de power-ups, que conta con 6 fases e distintos niveis de dificultade, que agradecerán os seareiros dun xénero bastante esquecido (principalmente pola desaparición dos salóns recreativos no noso mercado).


Trailer do xogo

PUBLICIDADE