OnePlus lanza unha tableta económica de 11 polgadas
martes, 8 de xullo do 2025
Aparte dos novos OnePlus Nord, hoxe tamén saÃu á venda á tableta OnePlus Pad Lite, que chega ao mercado nunha versión con 6 GB de RAM, 128 GB de almacenamento e conectividade Wi-Fi por 199 euros, mentres que por 229 euros ten 8 GB de RAM e conectividade LTE, converténdose nunha opción bastante interesante.
Estamos ante unha tableta con pantalla de 11 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 pÃxeles e un brillo de 500 nits, altofalantes cuádruplos, cámaras traseira e delanteira de 5 MpÃxeles, baterÃa de 9.340 mAh con carga rápida de 33 watts (o que permitirÃa ata 11 horas de reprodución de vÃdeo) e sistema operativo OxygenOS 15 (asegurando o fabricante que o dispositivo funcionará con fluidez durante os vindeiros 36 meses).
Estamos ante un produto que claramente non é de alta gama, pero que pode resultar moi interesante para consumir contidos e outras tarefas que non sexan especialmente demandantes de potencia.
