OnePlus presenta o Nord 3 5G
mércores, 5 de xullo do 2023
O fabricante
OnePlus segue a manterse no mercado como marca secundaria de Oppo, e para
continuar a atender a demanda dos seus fieis usuarios que non están dispostos a
pagar grandes cantidades polos seus móbiles insignia presentan o OnePlus Nord 3 5G, un completo smartphone
de gama media que chega
ao mercado a un prezo de 449 euros con 8 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento e de 549 euros (499 euros na súa promoción de lanzamento) con 16
GB de RAM e 256 GB de almacenamento.
Falamos dun móbil cunhas prestacións que estarÃan á altura dos móbiles de gama alta
do ano pasado, podendo competir bastante ben con case calquera terminal do
mercado nos seus distintos aspectos. Funciona cun procesador MediaTek Dimensity
9000, ten unha pantalla plana AMOLED de 6,74 polgadas cunha velocidade de
refresco de 120 Hz e un brillo máximo de 1.450 nits, a súa cámara traseira
principal ten un sensor Sony IMX890 de 50 MpÃxeles (apoiada por unha lente
macro e un ultra grande angular), a súa baterÃa de 5.000 mAh conta con carga
rápida de 80 watts e incluso ten unha cuberta de cristal de seda que fai que
pensemos que estamos ante todo un alta gama.
O OnePlus Nord 3 5G consegue disparar magnÃficas fotografÃas coa súa cámara
principal que integra estabilizador óptico de imaxe, mentres que no apartado do
vÃdeo tanto pode gravar en 4K a 60 imaxes por segundo como limitar a resolución
a 1.080p para poder empregar o seu modo superestable (ideal para tomas de
acción).
Sen dúbida, un móbil moi atractivo, que pode reservarse xa para entregarse a
partir do 17 de xullo.
- O OnePlus Nord 3 5G pode adquirirse en cor verde ou gris escura.