OpenAI despide abruptamente a Sam Altman
venres, 17 de novembro do 2023
A cara visible de
OpenAI, compañÃa detrás do ChatGPT, era até o momento o seu director xeral, Sam
Altman, a quen veñen de expulsar do seu cargo e da directiva da compañÃa,
para que pase a ocupar temporalmente o seu posto o director de tecnoloxÃa Mira
Murati.
O anuncio de OpenAI dá a entender que Altman mentiu á xunta directiva até o
punto de facerlle perder a confianza na súa persoa, aÃnda que non detallan o
acontecido, e limÃtanse a agradecer as achegas de Altman á fundación e ao
crecemento de OpenAI.
A compañÃa cre que Mira Murati poderá desenvolver as funcións de dirección
competentemente, aÃnda que deixan claro que só estará á fronte de OpenAI
durante o perÃodo de transición antes de adoptar unha nova dirección.
Resulta bastante rechamante que aconteza algo asà no que semella ser o mellor
momento de OpenAI, cunha forte alianza con Microsoft e unha presenza visible en
cada vez máis produtos e servizos da súa tecnoloxÃa de intelixencia artificial.