Orange TV Libre ábrese a usuarios de calquera operador

luns, 5 de maio do 2025 Marcus Fernández

O ano pasado SkyShowtime incorporouse ao servizo Orange TV Libre, de xeito que os clientes de Orange e Jazztel podían contratar unha oferta cos contidos baixo demanda da mencionada plataforma xunto con máis de 90 canles de televisión e varios partidos de fútbol por xornada por unicamente 7,99 euros/mes (o que podemos entender como unha oferta bastante atractiva se nos fixamos en que SkyShowtime contratado independentemente xa custa 4,99 euros/mes).
Pero agora Orange TV Libre xa non é un servizo exclusivo para clientes de Orange e Jazztel, senón que ábrese ao resto de compañías a través da aplicación de Orange TV (dispoñible para televisores, móbiles, tabletas e outros dispositivos), e para animar a súa contratación actualmente ofrece o primeiro mes de balde sen compromiso de permanencia.
Orange TV Libre é un servizo que pode empregarse en até 5 dispositivos e 2 reproducións simultáneas (que no caso do fútbol só unha das mesmas poderá ser un televisor), e no que a contidos de televisión se refire inclúe control do directo, os últimos 7 días á carta e até 350 horas de gravacións.
Estamos ante unha oferta audiovisual que parece terse aberto a clientes da competencia ante o pulo que está a coller Movistar Plus+ e a chegada de Digi TV.