Os Chromebooks comezan a correr aplicacións para Android

venres, 17 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Tras confirmarse que Chrome OS poderá correr aplicacións para Android, François Beufort, evanxelista de Chromium dende 2013, confirmou a través de Google+ que a través da canle para desenvolvedores para o Asus Flip Chromebook comezou a distribuírse a actualización que facilita o uso da tenda de Google Play e aplicacións para Android dentro do equipo con Chrome OS.
Esta funcionalidade non chegará para todos os equipos con Chrome OS, senón que dependerá de que esta funcionalidade vaia adaptándose para os mesmos, estando confirmado que o Acer Chromebook R11, o Chromebook Pixel de 2015 e o mencionado Asus Flip Chromebook poderán gozar da nova prestación a partires deste mesmo mes, mentres que a meirande parte dos Chromebooks do mercado recibirán tal funcionalidade ao longo do presente ano.

PUBLICIDADE