Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Premios Galicia das Telecomunicacións 2013 xirarán arredor das TIC como canle de mellora na seguridade viaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Premios Galicia das Telecomunicacións 2013 xirarán arredor das TIC como canle de mellora na seguridade viaria

Redacción
Publicado: 17/10/2013
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Fernando Vázquez, director xeral de Imatia e nomeado Enxeñeiro do ano
Fernando Vázquez, director xeral de Imatia e nomeado Enxeñeiro do ano
A Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información xa vai pola súa XVIII edición, abranguendo a celebración dos seus premios. Será o vindeiro venres 25 de outubro no Gran Hotel da Toxa (O Grove, Pontevedra) e o evento levará por título: As TIC e a mellora da seguridade viaria. Detrás destes galardóns atópanse o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) e contará coa presenza do conselleiro de Economía e Industria -Francisco Conde López- e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) -Mar Pereira- nomearase a Fernando Vázquez Núñez (director xeral de Imatia), Enxeñeiro do Ano; e a Alfonso Cabaleiro Durán (xerente de Galicia Calidade), Socio de Honra.
Nesta edición, os Premios Galicia das Telecomunicacións -encamiñados a recoñecer o talento e a innovación en Galicia- centrarán a súa atención na aplicación das TIC de cara á mellora da seguridade viaria. Emporiso, atendendo a isto os premiados xa foron desvelados por parte do COETG-AETG, sendo o Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais para a empresa ImaxDI polo proxecto Mbeat, un dispositivo que permite o telediagnóstico cardiolóxico en tempo real, acurtando os tempos e minimizando o dano cardiovascular, achegando un grande beneficio social aos doentes e aos sistemas de saúde. O Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2013 (patrocinado pola Fundación do mesmo nome e dotado con 6.000 euros), correspondeulle nesta edición á empresa Confirmsign pola súa aplicación homónima, que conta cunha clara orientación á internacionalización e consolidación de mercados e por ser unha iniciativa novidosa con proxección de crecemento. O Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao sector TIC concédeselle a Alejandro Nieto Lareo pola súa tese Dynamically Reconfigurable Architecture for Embedded Computer Vision Systems, que abrangue o problema real da limitación das arquitecturas de hardware dispoñibles para aplicacións de visión por computador, cun deseño avanzado e posibilidades reais de transferencia dende a área de investigación ás solucións industriais, avaladas xa por patentes internacionais en curso. E o Premio INEO á Mellor Aplicación TIC é para a Plataforma Galega de Telexestión de Contadores PRIME para as redes eléctricas intelixentes, deseñada pola empresa Telecon Galicia, como proxecto industrial asentado en Galicia, que xerará novas oportunidades de desenvolvemento baseadas nos datos obtidos polo sistema, que abre a porta a novas aplicacións no estratéxico sector da eficiencia enerxética.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?