Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2025 xa teñen gañadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2025 xa teñen gañadores

S. P.
Publicado: 12/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Alfonso Juan Álvarez Villamarín, CEO de Cellnex España
Alfonso Juan Álvarez Villamarín, CEO de Cellnex España
Os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2025 xa teñen gañadores, así o veñen de anunciar o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG). En canto ao acto de entrega destes galardóns celebrarase o 26 de xuño na XXIX Noite das Telecomunicacións e da Sociedade da Información no Gran Hotel da Toxa, no Grove.
Indo a esta XXIX edición, sinalar que chega baixo o lema Telecos: xestionando infraestruturas críticas, reflectindo o rol fundamental destes profesionais na xestión de sistemas avanzados de telecomunicacións nas redes de electricidade, gas ou auga, entre outros. Estes sistemas, de gran complexidade, necesitan un axuste case instantáneo na produción e a distribución para adaptalos á demanda, empregando redes públicas e privadas de comunicacións que hai que sincronizar con estritas medidas de seguridade.
En canto aos premiados deste ano, o premio Enxeñeiro do Ano 2025 será para Alfonso Juan Álvarez Villamarín, CEO de Cellnex España, que desenvolveu tanto no noso país como no estranxeiro, foi tamén conselleiro da Cámara de Comercio Española no Reino Unido.
hijos_de_rivera.jpgO premio Socio de Honra 2025 foi para a Corporación Hijos de Rivera, en recoñecemento ao seu apoio á innovación e aposta pola tecnoloxía a prol das iniciativas galegas en Internet. Fíxose fincapé na web Bigcrafters, coa que se creou un mercado de comercio electrónico dirixido a facilitar a difusión e distribución de produtos artesáns, sobre todo aqueles elaborados en Galicia en pequenas cantidades.
Manuel Fernández e Luis Anido
Manuel Fernández e Luis Anido
O gañador da última distinción, o premio AMTEGA ao mellor proxecto TIC con beneficios sociais 2025 é The Mind Guardian, unha iniciativa na que participan atlanTTic (Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da UVigo) e Samsung España. Trátase dunha aplicación gamificada para tabletas Android baseada en IA que permite a detección temperá de signos de deterioro cognitivo antes de que aparezan os primeiros síntomas de enfermidades como o alzhéimer. O proxecto está codirixido por Manuel Fernández Iglesias e Luis Anido Rifón.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?