Os Reels de Facebook medran ata os 90 segundos

venres, 3 de marzo do 2023 Marcus Fernández

O ano pasado Facebook estreou a posibilidade de realizar Reels, formato de vídeo en vertical que estaban a potenciar en Instagram, pero que creou certa inconsistencia, xa que a súa duración máxima en Facebook era de 60 segundos, mentres que en Instagram era de 90 segundos, o que resulta problemático para a programación de contidos, de aí que agora anuncien a ampliación da duración dos Reels de Facebook ata os 90 segundos.
Meta aproveitou a ocasión para anunciar tamén a posibilidade de crear Reels con lembranzas (na liña de como se pode facer con publicacións lembrando publicacións pasadas), crear Grooves (sistema que permite sincronizar a acción dun vídeo co ritmo dunha cancións) e facer uso de deseños predefinidos para facilitar a creación de contido (e replicar os deseños que están de moda).
Con estas novidades Meta quere continuar a súa ofensiva contra TikTok, de xeito que tanto Instagram como Facebook replican o formato de TikTok para dificultar o seu meteórico crecemento.