Os captchas, cada vez máis inútiles
martes, 2 de setembro do 2008
Aos captchas semella que xa non hai quen os tome en serio. Levan anos axudándolles ás páxinas webs de meirande uso a separar o gran da palla (por unha banda os usuarios de tipo ser humano e, pola outra, os bots lanzados para facerse con información segreda) e dun tempo a esta parte son máis orixe de brincadeiras e concursos informais que dunhas condicións máis firmes de seguridade na Rede. Estes sistemas, exames visuais de sobra coñecidos polos internautas de experiencia e que en liñas xerais consisten en facerlles descifrar unha palabra con letras deformadas (labor que ten teorÃa só poden levar a cabo os humanos), viven as súas horas máis baixas en paÃses como Rusia ou a India, onde se converteu nun deporte nacional a práctica de ir superando un tras outro.
No segundo paÃs, onde amais de deporte tamén é negocio (romper seguridade de webs e facerse con datos alleos de usuarios e empresas é hoxe en dÃa unha actividade tristemente lucrativa), xa se fala dende hai tempo dun tipo de internautas que son cada vez máis sector empresarial e menos usuarios dispersos. Falamos do negocio dos captcha-crackers, que segundo informa The Inquirer, consiste en superar sistemas de seguridade xerando máis cartos canto máis se avanza.
Ao parecer, unha boa parte deste labor céntrase en comunidades virtuais como MySpace, que segue a empregar na súa face na Web estes exames ópticos en liña para propiciar que só sexa usada por internautas de carne e óso, e non por bots deseñados para roubar información ou cartos. A caÃda costa abaixo dos captchas, feito que non puÃdo ser impedido nin polo desenvolvemento dos reCAPTCHAS (que son unha nova versión máis completa e con meirandes funcións cós seus irmáns máis vellos) está a obrigar a unha boa parte da industria de produtos en liña a redeseñar novos xeitos de evitar que a Rede estea máis en mans de cousas que das persoas.
