Os compradores de consolas 3DS poderán optar a facerse con Super Mario 3D Land de balde
martes, 19 de novembro do 2013
Nintendo está a lanzar unha interesante promoción para esta
Nadal da que poderán gozar os usuarios dunha nova consola Nintendo 3DS ou 3DS
XL, e que consiste en recibir
de balde o xogo Super Mario 3D Land
en formato descargable tras rexistrar a consola e un dos 15 xogos grandes
xogos que está a comercializar Nintendo nestas datas entre as 16:01 horas do 27
de novembro de 2013 e as 23:59 horas do 13 de xaneiro de 2014. O código de
descarga recibido permitirá a descarga de balde do primeiro xogo 3D de Mario a
través da Nintendo eShop ata o 13 de marzo de 2013.
Os xogos incluÃdos nesta promoción non son precisamente tÃtulos de recheo,
senón que serÃan as principais novidades deste ano distribuÃdas por Nintendo: Mario & Luigi: Dream Team Bros, Animal
Crossing: New Leaf, The Legend of Zelda: A Link Between Worlds, Donkey Kong
Country Returns 3D, Fire Emblem: Awakening, Luigi’s Mansion 2, LEGO City
Undercover: The Chase Begins, Sonic Lost World, Monster Hunter 3 Ultimate,
Pokémon X, Pokémon Y, Bravely Default, New Super Mario Bros. 2, Mario Kart 7
e El profesor Layton y el legado de los ashalanti.